La Voz de Galicia: Lourizán 2008

Deixe un comentario »

Música nos Xardíns de Lourizán. 2008

Música nos Xardíns de Lourizán.  2008

                                                          Entre a tradición e a modernidade

Centro de Investigación e Información Ambiental de Lourizán. Pontevedra

Luns    28  de xullo         21:30h     DÚO CARLO ACTIS-BALDO MARTINEZ

Martes   5  de agosto      21:30h     BELLÓN-MACEIRAS QUINTETO

Entrada gratuita

A Tempo Producións

Música nos Xardíns de Lourizán 2008

 

Lourizán,  centro de referencia no ámbito da investigación forestal a nivel mundial ten a súa sede no máxico enclave  da Finca de Lourizán, antigamente propiedade de Montero Rios e na que se conserva unha gran riqueza botánica, todo esto vixiado de cerca polas augas atlánticas, estreitadas pola ria de Pontevedra  e coa Illa de Tambo como testigo de excepción.

Na actualidade o Xardín Botánico de Lourizán constitúe un banco de provas para testar a adaptación ás nosas condicións climáticas de numerosas especies de interese forestal. Ao valor cientifico sumáse o valor  pedagógico ( A grande variedade de especies arbóreas, arbustivas e herbáceas que alberga esta superficie fai que sexa visita obrigada para a comunidade educativa ), estético ( cromáticos das diferentes especies )  e sociológico ( lugar de recreo e esparcemento ).

 

Un auditorio natural único vai ser o escenario de dous concertos onde misturansen ás músicas tradicionais e a vangarda.  O “Folklore Imaginario” de Carlo Actis e Baldo Martínez e o Folklore real de Bellón e Maceiras Quinteto, tradición e modernidade, jazz e folk.

 

Dúo Carlo Actis e Baldo Martínez [ luns 28 de xullo ás 21h30 ]

“ Folklore Imaxinario “ é un proxecto intimista, que da un paso adiante dentro do jazz europeo ao fusionalo con músicas tradicionais tan afastadas e tan próximas á vez, como a galega e a italiana.

 

O contrabajista Baldo Martínez  é unha das figuras máis destacadas do panorama jazzístico galego e por ende español  desenvolve neste traballo  unha música baseada nas raíces pero utilizando unha linguaxe aberta e sen prexuizos. Estase a converte nun dos músicos que máis está contribuíndo a personalizar o jazz español, fuxindo no posible dos parámetros norteamericanos.

 

Pola súa banda, o saxofonista e clarinetista Carlo Actis Dato é un dos músicos máis coloristas do jazz italiano. Trátase de todo un mestre do cóctel musical, no que se pode rastrexar a influencia das grandes figuras do jazz americano, enriquecida cos máis variados ritmos e aromas. Neste sentido, a lista das diversas músicas e melodías que lle serven de inspiración é interminabel.

BellónMaceiras Quinteto (martes 5 de agosto, 21:30h)

BellónMaceiras Quinteto son : Daniel Bellón [ gaita ], Diego Maceiras [ acordeón ], Juan Tinaquero [ contrabaixo  ], Juan Cabe [guitarra e banjo ] e

Miguel Lamas [ batería ].

 

Unión das Terras é a última aventura discográfica deste grupo onde son capaces de trasladarnos nunha viaxe musical por distintas terras do mundo, afondando nas súas melodías e caracterizándoas, como fixeron sempre os nosos emigrantes, ao xeito e facer galego. Percorreremos Arxentina, Portugal, Bretaña, Oriente Medio, países do leste, Rusia, Euskadi… e por suposto Galiza. Ademáis de amosarnos dende un punto de vista único estas culturas, tamén poderemos escoitar melodías da súa propia composición que misturan a tradición xunto cos cortes máis contemporáneos da música galega.

 

 DÚO CARLO ACTIS-BALDO MARTINEZ

BELLÓN-MACEIRAS QUINTETO

 

 

Deixe un comentario »

Entre lusco e fusco 2007

img0219.jpg

Entre lusco e fusco. 2007 

MÚSICA en LOURIZÁN

Entre Lusco e Fusco

ANO 2007 Por segundo ano a música en directo escoitarase nos xardíns de Lourizán.  A coñecida como Finca de Lourizán é a sede do CINAM [ Centro de Investigación e Información Ambiental ] organismo dependente da Conselleria de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia. Os traballadores do Centro ocupanse entre outras tarefas de recoller datos acerca do estado ambiental de Galicia, de cultivar especies forestais coa finalidade de testar a adaptación as nosas condicións climáticas, información que poñen a disposición da Conselleria de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostibel asesorando na elaboracións de plans de prevención e outras medidas medioambientais. Nun espazo de 32 ha. Atopanos con colecións botánicas de grande valor.Así como instalacións acondicionadas para a investigación.  A longo do ano realizanse actividades de educación ambiental con escolares, xornadas de portas abertas, itinerarios guiados gratuitos etc. Dada a grande variedade de especies plantadas considerase unha visita obrigada para a comunidade educativa. O ciclo de música <<Entre Lusco e Fusco>> forma parte desas actividades que dende o centro acomentense coa finalidade didáctica e recreativa de divulgar, de acercar aos cidadáns valores ecolóxicos, de defensa e disfrute da naturaza.Rodeados por máis de 500 especies forestais e ornamentais, que constituen a colección máis ampla de Galicia, e a sombra do Pazo e doutros elementos históricos que se conservan escoitaremos ás 21h30.O xoves 26 de xullo ao dúo Cord’Ayre.

Ramón Vázquez García voz e Diego Rojo Garrido laúde interpretaran obras presentes no Teatro do Renacemento inglés, epoca prolixa nos terreos artístico e creativo. Literatura e música camiñaban da mán nos teatros de Londres buscando captar a públicos de moi ampla condición e utilizando o acervo musical inglés, grazas ao cal moitas melodías de orixe popular sobreviviron ao paso dos tempos.

O luns 30 de xullo ao Cuarteto Agóxica [frauta, violín, viola e violonchelo ]interpretaran obras de Mozart, Mascani, Strauss, Montes, Gardel, Jopplin, Piazzolla entre outros.  O xoves 2 de agosto a Banda Mr. Dixie Jazz Band, banda coruñesa liderada polo trompetista Guillermo Lancelotti. Os  ritmos do New Orleáns anos 30 e 40, chegan da mán dun sexteto cun swing contaxioso, e un son brillante e festivo.Rematamos o luns 6 de agosto co Grupo de Música Tradicional Pai da Cana, Na actualidade Pai da Cana é unha charanga que emprega a indumentaria propia da Belle Époque coa que recupera un concepto de conxunto autenticamente tradicional case desaparecido no noso país, adoitando unha formación na que a gaita e o acordeón se funden cos instrumentos propios das bandas como o clarinete, saxofón, caixa ou bombo con pratos. Introducen no seu repertorio pezas das charangas galegas que existiron no noso país e América dende finais do s. XIX ofrecendo así unha gran selección de pezas que noutro tempo significaron a modernidade e outras pezas tradicionais que arranxan dentro desta estética musical de entreséculos XIX-XX. 

Grupo de Música Tradicional PAI DA CANA

CUARTETO AGÓXICA

Deixe un comentario »